sábado, 14 de maio de 2016

GALICIA?


GALICIA?

Cando estou fóra pregúntanme se boto de menos Galicia. A min iso faime moita graza, porque non coñezo Galicia. Galicia é un ente abstracto formado por millóns de persoas e miles de quilómetros. Eu non coñezo a toda esa xente nin todos eses lugares, polo que, como vou botar de menos aquilo que non vin? 

Non obstante, as persoas que eu quero son galegas e os sitios que estraño tamén. Entón, podería afirmar que exiten dúas Galicias. Unha é a Galicia inventada, un termo utilizado para designar un anaco de terra cunha cultura propia. A outra e un pensamento formado na cabeza de cada quen a través das experiencias vividas en cada caso. E si, eu á "miña Galicia" si que a boto de menos.

Con este argumento non quero desvincularme do concepto de Galicia como nación, nin moito menos. Eu amo os nosos costumes, as nosas paisaxes, así como a nosa lingua, pois xogan un importante papel na concepción da realidade para cada galego.

Poñerme a escribir unha redacción para loar as xeneralidades e tópicos nos que se apoia o nacionalismo de "postureo" paréceme un clixé aburrido, moi pouco orixinal e case de mal gusto. Polo tanto, vou enumerar todo aquilo que é Galicia para min. Esta descrición e única e creouse a durante dazaoito anos a través dos meus ollos. Espero vivir moito tempo máis e deixar este mundo cunha lembranza de Galicia máis rica e ampla.

Galicia:

... son papá e mamá, o resto da familia, os meus amigos...

... é Ferrol, Cedeira, Coruña, Pontedeume, Santiago...

... é a praia de San Xurxo, as Fragas do Eume, a Illa de Arousa...

... é o Monasterio de Caaveiro, o de Monfero, a Ermida de Chamorro...

... é Marineda City, a piscina de Moeche, o camping de Ribeira...

... é o meu colexio, o meu instituto, o parque da miña infancia...

... son as mañás de verán paseando polo Barrio da Magdalena...

... son as tardes de inverno encerrada na Biblioteca Municipal...

... é a miña casa...

...son eu.


Ningún comentario:

Publicar un comentario