mércores, 30 de setembro de 2015

CHAMORRO E O MEGALITISMO


Como bos ferroláns que somos, todos coñecemos a ermida de Chamorro, asentada na parte alta da ladeira  do monte co que comparte nome. Tamén é coeñecida como a Capela da Nosa Señora do Nordés. Non resulta doado datar este templo, pero máis ou menos poderia dicirse que a construccion actual e dos séculos XV e XVI.

É tradición no luns de pascua ir de romería a Chamorro. Polo camiño ata a capela atópanse catorce estacións dun vía crucis que remata nun cruceiro. Fálase da existencia doutro vía crucis noutro camiño, pero hoxe en día non está completo.

Segundo a tradición popular, tanto a ermida como a Virxe de Chamorro están estreitamente ralacionados  cos fenómenos meteorolóxicos. Pénsase que o nome de Chamorro poder vir de "clamoris" palabra usada para invocar á chuvia ou da exclamación de "xa morro" dun mariñeiro ao ser resacatado dunha tempestade pola Virxe. Tamén é chamada Nosa Señora do Nordés, pois ese é o vento que trae bo tempo ás terras ferrolás. Anos atrás, nas épocas de sequía peregrinábase á este lugar para rogar que chovese.

Segundo a lenda, dous irmáns que andaban a pastorear foron sorprendidos por unha forte tormenta e metéronse baixo unhas rochas para refuxiarse. Alí  apareceuselles a Virxe, quen pedía que se lle construíse un templo. O rosto dela quedou gravado nunha rocha que ten como particularidade que é unha pena de abalar. Por esto mismo, hai quen asegura que é a tapa dun antigo dólmen. 

Esta última teoría, xunto co descubrimento de petroglifos nas rochas que se atopan baixo a ermida, suxiren  que este lugar foi utilizado para o culto relixioso milleiros de anos antes  de que aparecese a construcción cristiá.

Aínda que os petroglifos estean bastante desgastados pola erosión, pódense disntinguir espiráis, círculos concéntricos, puntos e uns debuxos denominados "cazoletas". Dise que teñen como temática principal as chuvias e a astronomía. 

As "cazoletas" atopábanse en espacios megalíticos sagrados que se mantiveron coa chegada de novas relixións pola construcción consecutiva de templos.

É interesante decubrir que baixo construccións relativamente actuais, se agochen pegadas de culturas antigas como é o caso do pobo megalítico. E é aínda máis  impresionante que ás súas preces fosen encamiñadas ao mesmo que hoxe en día, por exemplo aos cambios meteorolóxicos.