domingo, 10 de abril de 2016

O ÚLTIMO CARBALLO


O ÚLTIMO CARBALLO

No ano 2046 os bosques galegos autóctonos foran arrasados para plantar eucaliptos no seu lugar. Cando na comarca de Ferrolterra quedaba soamente un carballo, este era exhibido como se dunha árbore inusual se tratase. A pesar de todo, a meirande parte da xente non se paraba a míralo e os poucos que o facían só sacaban algunas fotos.
 
O día que lin a triste noticia decidín saír de excursión para visitar o carballo. Conducín cara o monte e adentreime nun bosque de eucaliptos. Camiñei seguindo as instruccións do gps do meu reloxo e ao final atopei o carballo. Polo seu redor pasaban varias persoas. Cando xa levaba un tempo observando a árbore dinme conta da hipocresía da sociedade. Tanta xente preocupada pola desaparición dos carballos pero ninguén plantándoos! Nese intre, como por arte de maxia, descubrín varias bellotas ao meu redor. Recollinnas como se fosen ouro e leveinas para a miña casa.
 
Hoxe brotou da terra da miña maceta o segundo carballo de Ferrolterra.







Ningún comentario:

Publicar un comentario