A POLÍTICA EN FERROL
Poñerme a falar sobre os
meus antepasados parecíame unha tarefa complicada. Aínda que a
primeiros do século XX aconteceron importantes eventos hitóricos eu
estaba convencida de que a miña familia os vivira á marxe. Eu
pensaba: a que proletario lle interesa o que aconteza no país con
tal de poder levar unha vida máis ou menos digna?
Dende nena oín falar dos
meus avos e tataravós, quen traballaban nos campos e nas fábricas.
Como a meirande parte da poboación da época pertencían ás clases
baixas, eu seguía coa idea de que unhas persoas tan normais non
poderían dar moito do que falar.
Intentei reconstruír a
miña árbore xenealóxica, aínda así faltaban moitos nomes e non
había a quen llelos preguntar. Xa asumindo que non podería seguir
co meu traballo busquei na biblioteca o nome do meu bisavó materno.
A miña nai dixérame que era un home interesado pola política, pero
eu non tiña esperanzas de atopalo, pois vivira hai moito tempo nunha
cidade pequena coma Ferrol. Tecleei o seu nome na Galiciana ou
Biblioteca dixital de Galicia, onde se pode aceder a todos os
periódicos galegos. Para a miña sorpresa, aparecían varios
resultados.
Modesto Baamonde, o meu
bisavó, formou parte do Partido Socialista ferrolán durante a
República. Ferrol era a cidade galega onde máis peso tiña o PSOE,
vixente dende 1891.
A Agrupación Socialista
Ferrolana publicaba o xornal El obrero, no cal aparece mencionado o
meu bisavó. Tamén sae noutras publicacións como el Ideal Gallego e
El Pueblo Gallego. Estos periódicos datan, na súa maioría, dos
tempos da República, pero o máis vello é do 1925. A súa lectura é
ás veces aburrida e complicada, pero dan a entender que Modesto
Baamonde era secretario e presidente do partido e que militaba xunto
con Xaime Quintanilla, a quen estudei en literatura galega.
O meu bisavó ía
encamiñado a ser alcalde no ano 36, pero morreu antes por causas
naturais e non chegou a selo. Pódesde dicir que tivo sorte, pois no
seu lugar estivo Quintanilla, quen foi fusilado tras o golpe de
estado.
Busquei na casa a ver si
con sorte atopaba algunha fotografía, pero non encontrei nada. Na
foto máis antiga que vin estaba o ser fillo máis novo, o meu avó,
xa de adolescente. Miña nai díxome que o meu visabó quería que o
avó estudase dereito para que seguise as súas pegadas na política.
Persoalmete parecéronme
moi importantes estes descubrimentos, pois ao publicar esta entrada
no meu blog evito que o nome dun home influínte caia no olvido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario